A apresentação está carregando. Por favor, espere

A apresentação está carregando. Por favor, espere

Freixo común (Fraxinus excelsior) fresno ash frêne élevé freixo.

Apresentações semelhantes


Apresentação em tema: "Freixo común (Fraxinus excelsior) fresno ash frêne élevé freixo."— Transcrição da apresentação:

1 Freixo común (Fraxinus excelsior) fresno ash frêne élevé freixo

2 CLASE Anxiospermas ORDE Xencianales FAMILIA Oleáceas

3 Árbore de copa alta e ovoide que pode acadar os 40 metros de altura.
É orixinaria de Europa e oeste de Asia que gosta de terreos húmidos e ricos. Atópase en ribeiras, sebes e bosques húmidos. En Galicia aparece no norte. Nas montañas orientais forma freixedos, pequenas masas de bosque de ribeira.

4 TALO O toro é recto, coa tona lisa, de cor verde-gris nos exemplares novos e castaña-gris, con gretas nos exemplares adultos. Os gomos son de cor negra e veludos, apuntados e opostos.

5 FOLLAS Caedizas, opostas, compostas, pinnadas de 20 a 25 cm de lonxitude. Formadas por 9-13 foliolos de forma oval-apuntada, coa beira dentada, de cor verde escura pola cara superior e máis crara pola inferior. No outono póñense de cor amarela viva.

6 FLORES Sen pétalos, agrupadas en panículas de cor verde cos rabos longos que poden conter flores masculinas e femeninas, mesturadas ou separadas. Os elementos masculinos son simples estames (dous por flor). As flores femininas son pistilos solitarios en forma de frasco. Florece en primavera e polinízase polo vento.

7 FROITOS Secos (sámaras), con ás de forma lanceolada duns 3 cm de lonxitude, de cor castaña cando están maduros.

8 CICLO ANUAL-FREIXO COMÚN
Folla Flor Froito xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

9 Freixo no Parque de Castrelos-Vigo
Freixo no Parque de Castrelos-Vigo. Ten máis de 100 anos e 38 m de altura. Freixo no balneario de Guiririz.

10 Freixo na casa do Gado. Sobrado dos Monxes.

11 USOS: A madeira é resistente e utilízase para mangos de ferramentas e pezas de carros. As follas teñen propiedades laxantes e diuréticas, a tona para baixar a febre, aperitivo e expectorante.

12 Se queres que o carro ande forte, a un tempo e velaíño,
CANTIGA POPULAR: Se queres que o carro ande forte, a un tempo e velaíño, bótalle o eixo de freixo e as treitoiras de sanguiño. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Internet


Carregar ppt "Freixo común (Fraxinus excelsior) fresno ash frêne élevé freixo."

Apresentações semelhantes


Anúncios Google