A apresentação está carregando. Por favor, espere

A apresentação está carregando. Por favor, espere

CELEBRAMOS CON XESÚS.

Apresentações semelhantes


Apresentação em tema: "CELEBRAMOS CON XESÚS."— Transcrição da apresentação:

1 CELEBRAMOS CON XESÚS

2 Antes de continuar pedimos PERDÓN
O sacerdote, que representa a toda a Igrexa, inclinase e bica o altar, que representa a Cristo. Xesús convidounos á súa casa, vimos á comida de festa preparada polo Señor e recibenos así: CELEBRANTE :A gracia do noso Señor Xesucristo, o amor do Pai e a comunión do Espírito Santo sexan con todos vós. POBO : E contigo tamén. Antes de continuar pedimos PERDÓN C: Irmáns, para celebrarmos dignamente os santos misterios, recoñezamos que somos pecadores. Eu confésome pecador diante de Deus omnipotente e tamén diante de vós, meus irmáns, pois teño pecado moito de pensamento, de palabra, de obra e de omisión. Pola miña culpa, pola miña culpa, pola miña grandísima culpa. Por iso lle pido á benaventurada Virxe María, a tódolos Anxos e Santos do ceo e a vós tamén, meus irmáns, que roguedes por min a Deus, o noso Pai.

3 P. Señor, ten piedade de nós. C. Ti que viñeches chamar ós pecadores :
C. Deus omipotente teña piedade de nós, nos conceda o perdón dos nosos pecados e nos leve á vida eterna. P. Amén. C. Ti que fuches enviado a salva-los corazóns arrepentidos : Señor, ten piedade de nós P. Señor, ten piedade de nós. C. Ti que viñeches chamar ós pecadores : Cristo,ten piedade de nós. P. Cristo, ten piedade de nós.. C. Ti que estás á dereita do Pai para intercederes por nós: Señor, ten piedade de nós. P. Señor, ten piedade de nós. C. Deus omnipotente teña piedade de nós, nos conceda o perdón dos nosos pecados e nos leve á vida eterna. P. Amén.

4 C. Oremos. …Pedímosche por Xesucristo… por sempre eternamente. P. Amén
GLORIA Gloria a Deus no ceo e paz ó seu pobo na terra. Noso Señor Deus, rei do ceo, Deus Pai todopoderoso; Louvámoste, bendecímoste, adorémoste, glorificámoste e dámosche gracias pola túa inmensa gloria. Señor, Fillo único, Xesucristo,Señor Deus, Año de Deus, fillo do Pai. Ti, que quíta-lo pecado do mundo, ten piedade de nós. escoita a nosa oración. Ti, que estás á dereita do pai, ten piedade de nós; porque Ti é-lo único Santo, Ti, o único Señor, Ti, o único Altísimo Xesucristo, co Espírito Sto. na gloria de Deus Pai. Amén. C. Oremos. …Pedímosche por Xesucristo… por sempre eternamente. P. Amén

5 O sacerdote reza a oración de apertura (…) é logo chega o momento das LECTURAS Escoitamos a Palabra de Deus. Lemos a 1ª lectura, segue un salmo, un canto de la Biblia do que repetimos, todos xuntos, unha frase. Os domingos e solemnidades hai tamén unha 2ª Lectura do Novo Testamento. Ó remata-las lecturas contestamos : LECTOR Palabra do Señor POBO Gracias a Deus. Despois levantámonos para escoitar o Evanxelio: C. O Señor sexa convosco. POBO E contigo tamén. C. Lectura do Santo Evangelio según San… POBO Gloria a Ti, Señor Xesús. C. (…….) Palabra do Señor POBO Louvámoste, Cristo. HOMILÍA É o momento de sentarse e escoitar ó crego explicar a Palabra de Deus

6 CREDO Creo en Deus, Pai Todopoderoso
CREDO Creo en Deus, Pai Todopoderoso. Creo en Xesucristo, o seu único Fillo, o noso Señor que foi concebido por obra e gracia do Espíritu Santo, naceu de Santa María a Virxe. Padeceu baixo o poder de Poncio Pilato. Foi crucificado, morto e sepultado. Descendeu ós infernos, ó terceiro día resucitou de entre os mortos. Ascendeu ós ceos e está sentado á dereita de Deus, Pai Todopoderoso. Dende alí virá a xulgar a vivos e mortos. Creo no Espíritu Santo,a Santa Igrexa Católica, a comunión dos Santos, o perdón dos pecados, e a vida eterna. Amén.

7 OFERTORIO O sacerdote lembra ós que necesitan da nosa oración, unímonos a el para rezar por eles : S. Pedímosche por… POBO : Pedímoscho, Señor. Despois presenta o pan e o viño dicindo:

8 PRESENTACIÓN DO PAN C. Bendecímoste, Señor, Deus do universo
PRESENTACIÓN DO PAN C. Bendecímoste, Señor, Deus do universo. Da túa bondade recibimos este pan, que é froito da terra e do traballo dos homes. PRESENTACIÓN DO VIÑO C. Bendecímoste,Señor, Deus do universo. Da túa bondade recibimos este viño, que é froito da vida e do traballo dos homes. Presentámoscho agora para que se nos converta na bebida de salvación. P. Bendito sexa Deus, agora e sempre. C. Pregade,irmáns, para que este sacrificio meu e voso sexa ben aco-llido por Deus Pai omnipotente. P. O Señor acolla das túas mans este sacrificio, para louvanza e para gloria do seu nome, para ben noso e de toda a súa Santa Igrexa. C. Pedímoscho a ti, que vives e reinas por sempre eternamente. P. Amén.

9 Enche-lo ceo e maila terra coa tua gloria ¡Hosanna no ceo!
(...) Cantamos despois o... SANTO Santo, Santo, Santo es ti, Señor, Deus do universo. Enche-lo ceo e maila terra coa tua gloria ¡Hosanna no ceo! Bendito o que vén no nome do Señor PREGARIA EUCARÍSTICA C. O Señor sexa convosco. P. E contigo tamén. C. Erguede os corazóns. P. Témolos postos no Señor C. Deámoslle gracias ó Señor, noso Deus P. E digno e de xustiza.

10 DESPOIS DA CONSAGRACIÓN
CONSAGRACIÓN É o momento máis importante de toda a celebración, recordamos o momento no que Xesús instituiu a eucaristía con estas palabras : “Tomade e comede todos de el, porque esto é o meu Corpo, que será entregado por vós..” DESPOIS DA CONSAGRACIÓN C. Velaquí o misterio da nosa fe. P. Anunciámo-la túa morte, proclamámo-la túa resurrección, ¡ven , Señor Xesús! C. Por El. con El en El …por sempre eternamente. P. Amén

11 santificado sexa o teu nome. Veña o teu Reino e fágase a túa vontade
NOSO PAI C. Guiándonos polos consellos do Salvador e seguindo a súa doctrina, atrevémonos a dicir: Noso Pai que estás no ceo, santificado sexa o teu nome. Veña o teu Reino e fágase a túa vontade aquí na terra coma no ceo. Danos hoxe o noso pan de cada día; perdoa as nosas ofensas, como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido; e non nos deixes caer na tentación, mais líbranos do mal.

12 C. Líbranos, Señor, de tódolos males e dáno-la paz nos nosos días
C. Líbranos, Señor, de tódolos males e dáno-la paz nos nosos días. Fai que, axudados pola túa misericordia, vivamos sempre libres de pecado e amparados de toda desgracia. Mentres esperámo-la salvación e a volta gloriosa do noso Señor Xesucristo. P. Pois teus son o reino, o poder e maila gloria por sempre eternamente. A PAZ C. Señor Xesucristo, Ti dixéche-los teus Apóstolos: “Déixovo-la miña paz, dóuvo- la miña paz”. Non míre-los nosos pecados senon a fe da túa Igrexa; dígnate darlle a paz e maila unión de acordo coa túa vontade. Pedímoscho a ti, que vives e reinas por sempre eternamente. P. Amén. C. A paz do Señor sexa sempre convosco. P. E contigo tamén. C. Dádevo-la paz coma irmáns.

13 que quíta-lo pecado do mundo,
AÑO DE DEUS Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo, ten piedade de nós. ten piedade de nós dáno-la paz.

14 COMUNIÓN C. Este é o Año de Deus que quita o pecado do mundo
COMUNIÓN C. Este é o Año de Deus que quita o pecado do mundo Felices os convidados á cea do Señor. P. Señor, eu non son merecente de que entresno meu fogar, mais unha palabra túa abonda para me salvar É o momento da comunión, escoita a Xesús no teu corazón C. O corpo e o sangue de Cristo. P. Amén.

15 DESPEDIDA O Sacerdote dá os avisos da semana e remata a eucaristía C. O Señor sexa convosco. P. E contigo tamén. C. Bendígavos Deus Todopoderoso: Pai, Fillo e Espírito Santo. P. Amén. C. Podedes ir en paz, e que o Señor vos acompañe. P. Démoslle gracias a Deus.


Carregar ppt "CELEBRAMOS CON XESÚS."

Apresentações semelhantes


Anúncios Google