Carregar apresentação
A apresentação está carregando. Por favor, espere
PublicouMaría Concepción Alarcón Cárdenas Alterado mais de 6 anos atrás
1
A charla de Gates resumiríase nas seguintes once duras regras:
Regras de Bill Gates En Yale University, hai uns anos Bill Gates deu unha conferencia dirixida a estudiantes e pais de familia (pais sobreprotectores con fillos moi consentidos que senten que todo o merecen), na que presentou 11 regras que aínda que duras son necesarias na vida real. A charla de Gates resumiríase nas seguintes once duras regras:
2
Regra Un- A vida non é xusta, afaite a isto.
Regra Dous- Ao mundo non lle importará a túa autoestima. O mundo esperará que logres algo, independentemente de que te sientas ben ou non contigo mesmo. Regra Tres- Non gañarás 5.000€ mensuais xusto despois de ter saído da universidade, e non serás vicepresidente ata que co teu esforzo teñas acadado ambolosdous logros. Regra Catro- Se pensas que os teus profesores son duros, espera a ter un xefe. Ese sí que non terá vocación de ensinanza nin a paciencia requerida. Regra Cinco- Dedicarse a voltear hamburguesas non che quita dignidade. Os teus avós tiñan unha palabra diferente para describilo: chamábano “oportunidade”. Regra Seis- Se metes a pata, non é culpa dos teus pais, así que non choromiquees polos teus erros; aprende deles.
3
Regra Sete- Antes de que ti naceras, os teus pais non eran tan aburridos como o son agora. Eles comezaron a selo por pagar os teus gastos, limpar a túa roupa e escoitarte falar acerca da nova onda na que estabas. Así que antes de emprender a túa loita polas selvas vírxes contaminadas pola xeneración dos teus pais, inicia o camiño limpindo as cousas da túa propia vida, comezando polo teu cuarto. Regra Oito- Na escola pode terse eliminado a diferencia entre gañadores e perdedores, pero na vida real non. Nalgunhas escolas xa non se perden anos lectivos e danche as oportunidades que precises para atopar a resposta correcta nos teus exámes e para que as túas tarefas sexan cada vez máis doadas. Eso non ten ningunha semellanza coa vida real. Regra Nove- A vida non se divide en semestres. Non terás longas vacacións de veran en lugares afastados e moi poucos xefes se interesarán en axudarche a que te atopes a ti mesmo. Todo isto terás que facerlo ti no teu tempo libre. Regra Dez- A televisión non é a vida diaria. Na vida cotiá, a xente de verdade ten que saír do café da película para ir traballar.
4
Regra Once- Sé amable cos "NERDS" (os máis aplicados da túa clase)
Regra Once- Sé amable cos "NERDS" (os máis aplicados da túa clase). Existen moitas probabilidades de que termines traballando para un deles.
5
Se ben é certo que son regras duras, val a pena compartilas, porque son sacadas da vida real e da experiencia de un dos homes máis exitosos da historia empresarial do mundo
Apresentações semelhantes
© 2025 SlidePlayer.com.br Inc.
All rights reserved.