A apresentação está carregando. Por favor, espere

A apresentação está carregando. Por favor, espere

Déixate sorprender ….

Apresentações semelhantes


Apresentação em tema: "Déixate sorprender …."— Transcrição da apresentação:

1 Déixate sorprender …

2 O Portal de Emprego e Formación de Galicia
¿Quén somos? ¿Por qué nacemos? ¿Qué ofrecemos? ¿Qué nos diferencia?

3 ¿Quén somos? Iniciativa 100% galega adicada á intermediación laboral entre demandantes de emprego e empresas. Medio de mellora profesional para tódalas persoas que queren atopar un traballo ou mellorar o que xa teñen. Só se precisa un ordenador con conexión a Internet: o acceso é totalmente libre e gratuito para os candidatos. Grupo de profesionais con ampla experiencia na xestión de Recursos Humáns.

4 Obxetivos A implantación e desenvolvemento dun portal de emprego en Internet centrado no ámbito de Galicia. O asesoramento e consultoría en materia de emprego a Administracions Públicas, empresas e traballadores. A formación para o desenvolvemento do carácter emprendedor e o auto emprego. O estudo, reflexión, análise e procura de solucións para a conservación e a mellora da empregabilidade en Galicia.

5 ¿Por qué nacemos? Nacemos da necesidade de crear un verdadeiro punto de encontro entre demandantes e ofertantes de emprego, que permita a súa posta en contacto dun xeito útil, rápido e eficaz. Nacemos coa vocación de selo referente do sector emprego e formación en Galicia. Queremos ser un marco integrador de toda a información xerada polo mercado laboral, e das diferentes iniciativas públicas e privadas en prol do emprego e a formación. Queremos ser unha ferramenta útil que de resposta ás necesidades do noso mercado.

6 ¿Quén oferta traballo e onde o fai? ¿Quén busca traballo e onde o fai?
A partires de agora, en Galicia …

7 ¿Qué ofrecemos? Rapidez, eficacia, aforro, difusión e comodidade son os principios nos que se basea a utilidade do noso servicio. Todos iguais de importantes para os nosos usuarios, sexan candidatos ou empresas, porque a calidade dun servicio non pode depender de a quén vai dirixido.

8 Rapidez Para os traballadores…
Porque adicando só 4 minutos a introducilo seu currículo poderán acceder ás ofertas de emprego das principais empresas. Cun só clic e sen horarios, poderán inscribirse nelas e coñecer en tempo real o estado da súa candidatura no proceso de selección. Para as empresas… Sómolo medio máis rápido para atopar os candidatos que precisan nos seus procesos de reclutamento e selección. Cun só clic e sen horarios, a empresa pode publicar ofertas e recibir solicitudes de xeito inmediato.

9 Eficacia Para os traballadores…
Porque poden inscribirse directamente na oferta que máis lles interese, ou agardar a que a empresa consulte os currículos e se poña en contacto con eles. Para as empresas… Porque dispoñemos dunha base de datos completa e actualizada cos currículos dos mellores profesionais do mercado galego.

10 Aforro Para os traballadores…
Porque é un servicio totalmente gratuito no que poderán actualizar ou modificar o seu currículo sempre que queiran, imprimilo ou envialo directamente por . Para as empresas… Porque lles axudamos a simplificala xestión dos seus Recursos Humáns: ¿Canto lle custaría a unha empresa manter vixente unha oferta en prensa durante 60 dias. ¿Canto lle custa a xestión de todolos curriculums que recibe en formato papel?

11 Difusión Para os traballadores…
Porque estarán no mellor escaparate posible para a búsqueda ou mellora do seu emprego. Somos unha ferramenta de reclutamento para empresas, e queremos que a procura dos seus candidatos ideais se inicie en Galiciaempleo.net Para as empresas… Porque a nosa páxina será a web sobre emprego máis visitada de Galicia e unha das primeiras de ámbito nacional. A súa empresa será a máis vista na nosa Comunidade.

12 Comodidade Para os traballadores… Para as empresas…
Porque teñen todo o que precisan nun único lugar, as 24 horas do día: ofertas de emprego, listado de cursos de formación, xestión do currículo, consellos laborais, sección de noticias, etc. Para as empresas… Clasificación dos seus procesos de reclutamento e selección nun unico lugar de xeito claro e rápido, as 24 horas do día.

13 Área de Publicidade (só en páxina principal)
¿Cómo o ofrecemos? A nosa páxina web baséase en dous principios: claridade e utilidade. Dun xeito sinxelo e práctico, poderás acceder dende a paxina principal ós servicios que che interesen. Área de Servicios Área de Ofertas Área de Publicidade (só en páxina principal)

14 Menú Privado Do Candidato
En 4 minutos e con 4 sinxelos pasos, os candidatos poderán insertar o seu currículo e descubri-lo universo de servicios de Galiciaempleo.net: inscribirse directamente nas ofertas das principais empresas de Galicia, consultalo estado das súas candidaturas en tempo real, xestionalo seu currículo…

15 Menú Privado de Empresa
As empresas poden consulta-los currículos dos candidatos inscritos nas súas ofertas, busca-los directamente na nosa base de datos, publicar cursos…

16 ¿Qué nos diferencia? A mellora continua A calidade O coñecemento
Somos unha empresa innovadora, producto da experiencia e constante evolución dos profesionais de recursos humáns que integran o proxecto de Galiciaempleo.net A calidade Non nos limitamos a poñer nas súas mans unha ferramenta de xestión dos seus procesos de reclutamento e selección. A implicación co cliente e o compromiso de dar a mellor resposta ás súas necesidades é o primeiro paso para gañala súa confianza. O coñecemento Ninguén pode coñecer mellor a realidade e as necesidades do mercado galego que unha empresa que traballa con profesionais de Galicia e para Galicia.

17 Teléfono de atención al cliente 902 200 500 informacion@galiciaempleo
Teléfono de atención al cliente


Carregar ppt "Déixate sorprender …."

Apresentações semelhantes


Anúncios Google