A apresentação está carregando. Por favor, espere

A apresentação está carregando. Por favor, espere

Rosalía de Castro.

Apresentações semelhantes


Apresentação em tema: "Rosalía de Castro."— Transcrição da apresentação:

1 Rosalía de Castro

2 Rosalía de Castro, nace en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837.

3 Rosalía era filla de María Teresa de la Cruz Abadía, natural Padrón e moi probablemente de José Martínez Viojo, natural de Ortoño e crego da colexiata de Iria. Foi inscripta como filla de pais decoñecidos pola serventa de súa nai, María Francisca Martínez.

4 Ata que cumpre cinco anos vive en Ortoño, Ames, cunhas tías paternas.
Despois con súa nai en Padrón, nunha casa da rúa Sol. (Hoxe Rodríguez de Padrón, nº4).Cando cumpre dez anos marchan para Santiago.

5 En abril de 1856 marcha a Madrid coa súa curmá María Carmen García Lugín .
En 1857 publica o seu primeiro libro “La Flor”

6 O 10 de outubro de 1858 casa con Manuel Murguía, investigador, cronista e xornalista.
Tiveron sete fillos: Alejandra Áurea Amara Adriano Valentina Gala e Ovidio

7 Rosalía de Castro escribe tanto en prosa como en verso, empregando o galego e o castelán.

8 A súa obra estivo profundamente marcada pola súa orixe, os problemas económicos, a perda dos fillos e a súa débil saúde. Os seus poemas falan dos seus sentimentos personais, os problemas sociais de Galicia e a paisaxe da Terra.

9 O 17 de maio de 1863 foi publicado en Vigo o seu meirande libro “ Cantares Gallegos” . A obra é un fito na nosa historia cultural, o inicio do Rexurdimento.

10 Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez son os pioneiros do Rexurdimento en Galicia.

11 Con “Cantares Gallegos” comezan a contar as nosas letras e dá tamén o inicio do verdadeiro proceso de rexeneración de Galicia, unha aposta pola dignificación dun país e dunhas xentes esquecidas Que así mo pediron , que así mo mandaron , que cante e que cante Na lengua que eu falo. Castellanos de castilla, tratade ben aos galegos, cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros

12 En 1880 a escritora publicou unha escolma de poemas á que chamaría “Follas Novas”

13 En castelán publicaría “La Flor”, “A mi madre” e “En las orillas del Sar” e a novela: “ El caballero de las botas azules”

14 Morreu o 15 de xullo de 1885 aos 48 anos de idade, na súa casa da Matanza en Padrón, na que hoxe é Casa Museo de Rosalía de Castro.

15 Soterrada no cemiterio de Adina ,á carón da colexiata de Iria Flavia, en os seus restos son trasladados ao Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.

16 E tal o interese que espertan as obras desta escritora no mundo, que nas derradeiras décadas os seus libros foron traducidos a linguas como o francés, o alemán, o ruso e o xaponés.

17 Hai novas ediccións dos seus libros

18

19 O 20 de marzo do ano1963, cando se cumprían cen anos da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega propón que o 17 de maio se celebrara o Día das Letras Galegas; pois esta data figuraba nunha dedicatoria que Rosalía escribira no libro.

20 O primeiro ano foille dedicado a ela, o segundo a ano a Castelao e dende 1963 , cada 17 de maio destácase o labor dun autor ou autora en lingua galega.

21 Moitos poemas de Rosalía de Castro foron musicados por cantautores como Amancio Prado, e podemos escoitalos en internet:

22 Tamén musicou poemas seus o grupo Fuxan os Ventos
Escoita e canta!!

23 No ano 1979 editouse un billete de 500 pesetas (3€).

24 No reverso pode lerse. Non follas novas; ramallo
De toxos e silvas sós: Irta, como as miñas penas; Feras coma a miña dor.

25 Tamén se editou en 1968 un selo adicado a ela.

26 E no ano 2013 a Federación Galega de Filatelia , co motivo do 150 anivarsario de Cantares Gallegos, editou dous selos

27 En Rianxo Hoxe levan o seu nome centros educativos, prazas e parques; é en moitas vilas e cidades hai un monumento para lembrarnos a todos a importancia da súa obra.

28 En Padrón

29 Na alameda en Santiago de Compostela

30 En Vigo En Ferrol

31 En Cornellá, Barcelona En Montevideo, Uruguay

32 En Rosario, Argentina Na Coruña

33 Praza de Galicia en Porto, Portugal

34 Parques como o de Lugo. Ou Logroño.

35 Rúas

36 Teatro Rosalía, na Coruña

37 O instituto Rosalía en Santiago de Compostela

38 Está presente en obras da cerámica galega “Sargadelos”
E tamén na promoción dunha coñecida marca de auga

39 Ten ata un avión co seu nome. Un Airbus 340/300


Carregar ppt "Rosalía de Castro."

Apresentações semelhantes


Anúncios Google