A apresentação está carregando. Por favor, espere

A apresentação está carregando. Por favor, espere

Escolle a opción máis correcta para as seguintes frases

Apresentações semelhantes


Apresentação em tema: "Escolle a opción máis correcta para as seguintes frases"— Transcrição da apresentação:

1 Escolle a opción máis correcta para as seguintes frases
Erros máis comúns Escolle a opción máis correcta para as seguintes frases

2 a) Nicolás sempre axudaba os veciños.
Pregunta 1 a) Nicolás sempre axudaba os veciños. b) Nicolás sempre axudaba aos veciños. c) Nicolás sempre axudaba veciños.

3 b) Nicolás sempre axudaba aos veciños.
Resposta 1 A opción correcta é a B. b) Nicolás sempre axudaba aos veciños. O verbo axudar vai acompañado da preposición a. A súa vez o artigo determinado os (ex: os veciños) contrae con esta preposición en aos.

4 a) O seguinte día, cando as nenas se espertaron, atoparon as moedas.
Pregunta 2 a) O seguinte día, cando as nenas se espertaron, atoparon as moedas. b) Ao seguinte día, cando as nenas se espertaron, atoparon as moedas. c) Ao día seguinte, cando as nenas espertaron, atoparon as moedas.

5 Resposta 2 A opción correcta é a C. c) Ao día seguinte, cando as nenas espertaron, atoparon as moedas. De novo, preposición a + artigo determinado o = ao. Resulta máis natural a orde nome + adxectivo: día seguinte. Ao revés, ten usos literarios: branca neve, escura noite... Hai moitos verbos que en castelán funcionan como pronominais, pero en galego non. Espertar é un deles.

6 a) ¡Qué milagre! ¡Non vas crer!
Pregunta 3 a) ¡Qué milagre! ¡Non vas crer! b) Que milagre! Non o vas crer! c) Qué milagre! Non o vas creer! d) Qué milagre! Non o vas a creer!

7 b) Que milagre! Non o vas crer!
Resposta 3 A opción correcta é a B. b) Que milagre! Non o vas crer! En galego non se empregan os signos de exclamación e interrogación de apertura. Tampouco se acentúan as formas dos interrogativos e exclamativos (que, cando, onde, canto...) A forma correcta en galego é crer (NON creer) e trátase dun verbo transitivo, iso é, precisa dun obxecto directo (o).

8 a) Pero, os anos pasaban e Sán Nicolas facíase máis e máis vello.
Pregunta 4 a) Pero, os anos pasaban e Sán Nicolas facíase máis e máis vello. b) Pero os anos pasaban e San Nicolás facíase máis e máis vello. c) Pero os anos pasaban e Sán Nicolás facíase máis e máis bello.

9 b) Pero os anos pasaban e San Nicolás facíase máis e máis vello.
Resposta 4 A opción correcta é a B. b) Pero os anos pasaban e San Nicolás facíase máis e máis vello. San: 1. Forma abreviada de santo, que se utiliza diante dos nomes propios que comezan por consoante. Ex: San Nicolás PERO Santo Estevo. 2. De boa saúde, libre de enfermidade. Vello: de moita idade. Na acepción de fermoso, agradable á vista sería: belo NON bello, como en castelán.

10 b) Como foron pobres, os agasallos eran noces, mazás, doces...
Pregunta 5 a) Como foron pobres, os agasallos foron as noces, as manzás, os doces... b) Como foron pobres, os agasallos eran noces, mazás, doces... c) Como eran pobres, os agasallos eran noces, mazás, doces...

11 c) Como eran pobres, os agasallos eran noces, mazás, doces...
Resposta 5 A opción correcta é a C. c) Como eran pobres, os agasallos eran noces, mazás, doces... Emprégase o copretérito (eran) pois fala de calidades no pasado e non de accións puntuais (VER pretérito). A forma correcta é mazá NON manzá. Non empregamos os artigos: as noces, as mazás...porque falamos en xeral.

12 Sinala os erros na seguinte oración:
Pregunta 6 Sinala os erros na seguinte oración: Como era unha covarde, en vez de arranqueilla o pelo ou tirei area na cara, só me botou a chorar.

13 Botar + a + infinitivo: comezo de acción. En vez de + infinitivo
Resposta 6 Como era unha covarde, en vez de tirarlle do pelo ou tirarlle area na cara, só me botei a chorar. O principal erro está no verbo: botei é 1ª persoa fronte a botou, 3ª persoa. Botar + a + infinitivo: comezo de acción. En vez de + infinitivo Léxico: arrancar o pelo vs. tirar do pelo

14 Sinala os erros na seguinte oración:
Pregunta 7 Sinala os erros na seguinte oración: Tes que ver o que hicía Josip.

15 Tes que ver o que fixo Josip.
Resposta 7 Tes que ver o que fixo Josip. O erro está no verbo, que ademais de ser un castelanismo (hacer), está nun tempo verbal incorrecto: hicía* = facía, copretérito. Como a acción xa está rematada: PRETÉRITO > fixo.

16 Sinala os erros na seguinte oración:
Pregunta 8 Sinala os erros na seguinte oración: Tía Olga sempre apestaba de té de macela e de zapatillas.

17 Tía Olga sempre apestaba a té de macela e a zapatillas.
Resposta 8 Tía Olga sempre apestaba a té de macela e a zapatillas. O verbo apestar rixe a preposición a. Mellora léxica: apestaba a macela. Adoitamos falar de infusión de macela ou macela pero non de té.

18 Sinala os erros na seguinte oración:
Pregunta 9 Sinala os erros na seguinte oración: Ela viño só para ver se hai sangue.

19 Ela só veu para ver se había sangue.
Resposta 9 Ela só veu para ver se había sangue. O principal erro está na 3ª persoa de pretérito do verbo vir: veu NON viño*. Incoherencia entre tempos verbais: pasado/presente. Mellora: colocación do adverbio só antes do verbo = énfase.

20 Sinala os erros na seguinte oración:
Pregunta 10 Sinala os erros na seguinte oración: Unha vez empurrouna, ela caeu, rompeu a man e polo xeso non podía ir á praia en todo o verán.

21 Acción rematada no pasado: PRETÉRITO.
Resposta 10 Unha vez empurrouna, ela caeu, rompeu a man e polo xeso non puido ir á praia en todo o verán. Acción rematada no pasado: PRETÉRITO. Mellora: por mor do/por causa do/ debido ao xeso.

22 Sinala os erros na seguinte oración:
Pregunta 11 Sinala os erros na seguinte oración: Nunha pequena aldea foron pequenas casiñas naquelas vivan nenos coas pantuflas nos seus pes.

23 Resposta 11 Nunha pequena aldea había pequenas casiñas nas que vivían nenos con pantuflas nos seus pés.

24 Sinala os erros na seguinte oración:
Pregunta 12 Sinala os erros na seguinte oración: O día seguinte solian buscarlas debaixo da mesa, detras da estufa, na escaleira, no peto do ábrigo do pai e despois dunha longa investigación solen encontrar unha pantufla na cociña e outra no cuarto.

25 Resposta 12 Ao día seguinte adoitaban buscalas debaixo da mesa, detrás da estufa, na escaleira, no peto do abrigo do pai e despois dunha longa investigación adoitaban encontrar unha pantufla na cociña e outra no cuarto.

26 Sinala os erros no seguinte diálogo:
Pregunta 13 Sinala os erros no seguinte diálogo: — Mama, ¿onde están as miñas pantuflas? — preguntoulle. — Se non as gardaches onte, as llevó a Gata. —respondeulle a nai.

27 — Mamá, onde están as miñas pantuflas? — preguntoulle.
Resposta 13 — Mamá, onde están as miñas pantuflas? — preguntoulle. — Se non as gardaches onte, levounas a Gata. —respondeulle a nai.

28 Sinala os erros na seguinte oración:
Pregunta 14 Sinala os erros na seguinte oración: As ventás estaban cheas das rosas e na porta era un sinal.

29 As ventás estaban cheas de rosas e na porta había un sinal.
Resposta 14 As ventás estaban cheas de rosas e na porta había un sinal.

30 Sinala os erros na seguinte oración:
Pregunta 15 Sinala os erros na seguinte oración: Isto escoitaron otros nenos tamén, se giraros e pediron: ¡A min tamén!

31 Resposta 15 Outros nenos escoitaron tamén isto, xirarónse/virarónse e pediron: A min tamén!

32 Completa cos verbos SER ou ESTAR:
- Elas __________ de Croacia. - Nós __________ na Universidade. - A miña irmá __________ moi guapa. - De onde _________ vostede? - (Eu) hoxe _________ moi cansado. - Polo momento _________ traballando nunha oficina. - Antón _______ deitado na cama porque non se atopa ben.


Carregar ppt "Escolle a opción máis correcta para as seguintes frases"

Apresentações semelhantes


Anúncios Google