A apresentação está carregando. Por favor, espere

A apresentação está carregando. Por favor, espere

Grelos (Brassica rapa) nabo field mustard navet.

Apresentações semelhantes


Apresentação em tema: "Grelos (Brassica rapa) nabo field mustard navet."— Transcrição da apresentação:

1 grelos (Brassica rapa) nabo field mustard navet

2 CLASE Anxiospermas ORDE Brasicales FAMILIA Brasicáceas

3 Plantas da familia das crucíferas que se cultivan sobre todo nas zonas de media altura.
Cultívanse desde a Antiga Grecia para aproveitar as raíces (nabos) ou as follas. Em Galiza hai indícios do seu cultivo desde hai anos.

4 TALO Herbáceo, groso e dereito. RAÍZ: napiforme de forma esférica, coa parte superior de cor púrpura e o resto branca.

5 FOLLAS Simples, ovais ou ovais-triangulares, grandes, moi recortadas, de cor verde viva.

6 FLORES Completas, con catro pétalos de cor amarela crara, seis estames e un pistilo.

7 FROITOS Silicuas, froitos secos que se abren por catro cortes e deixan as sementes sobre un eixo central.

8 Os nabos seméntase en agosto-setembro e recóllenselle, despois dun mes, follas (nabizas), logo cimos (grupos de follas da parte alta) e, a partir dos dous meses e ata finais do inverno, grelos (talos florais tenros). Na primavera arráncanse os nabos e úsanse para alimento do gando. CICLO ANUAL- Folla Flor Froito xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

9 USOS As follas que saen antes da floración para consumo humano.
Os nabos para os animais. Son ricos en vitaminas (sobre todo A) e minerais (calcio, potasio e sodio). Galiza produce de a kg de grelos ao ano para o consumo humano. Ademais hai moitas plantacións destinadas a alimento para o gando.

10 INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA Grelos de Galiza
Zona: todo o territorio galego. A parte vexetativa destinada ao consumo humano procedente de plantas da especie Brassica rapa var. rapa (comunmente coñecida como nabo), das variedades-poboación correspondentes aos ecotipos de Santiago e Lugo, así como das variedades comerciais rexistradas Grelos de Santiago e Globo branco de Lugo, representativas respectivamente de ditos ecotipos. Follas e talos recollidos ao longo do período vexetativo da planta chamadas tamén nabizas) e talos florais xusto antes da floración (cimos).

11 TRADICIÓN ORAL REFRÁN Para coller moitos nabos, por Santiago sementalos. CANTIGA Non chas quero, non chas quero, nabizas do teu nabal; non chas quero, non chas quero, que me poden facer mal.

12 nabicol (Brassica napus) colza rape colza, couve-nabiça

13 CLASE Anxiospermas ORDE Brasicales FAMILIA Brasicáceas

14 Nabicol (Brassica napus)
Planta herbácea anual que pode acadar 1 m de altura. As follas son ovais-alongadas, grandes, (ata 40 cm de lonxitude) e recortadas en lóbulos redondeados.

15 FLORES Amarelas, con catro pétalos.

16 FROITOS:silicuas sementes

17 USOS Cultívase unha variedade para aproveitar as follas como alimento, sobre todo nas Rías Baixas e norte de Portugal. Outras variedades (colza) cultívanse como forraxe para o gando e para aproveitar as sementes para elaborar aceite e biodiésel. Os principais produtores son China (10,3 millóns de toneladas/ano), Canadá, India e Alemania. Montaxe: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet. DEBUXOS: Mon Daporta


Carregar ppt "Grelos (Brassica rapa) nabo field mustard navet."

Apresentações semelhantes


Anúncios Google