A apresentação está carregando. Por favor, espere

A apresentação está carregando. Por favor, espere

Unha de bechos raros Mon Daporta.

Apresentações semelhantes


Apresentação em tema: "Unha de bechos raros Mon Daporta."— Transcrição da apresentação:

1 unha de bechos raros Mon Daporta

2 Con tantos días malos neste verán tan tolo,
tiveron tempo abondo para faceren de todo.

3 Enredando na rede un día atoparon
unha chea de bechos moi chulos e moi raros.

4 Roxelio contoulles que non existían,

5 que eran montaxes …e como se facían.

6 E desde que aprenderon a facer montaxes
botaron co enredo unha chea de tardes.

7 Tomando como exemplo algúns dos que atoparon
agora compiten a facer bechos raros.

8 Cortan por aquí, borran por alá,
clonan, difuminan, axustan …e xa está.

9 Calquera capricho, calquera ilusión
pode ser posible gracias ao Photoshop.

10 Buscan dúas fotos con luces parellas,

11 fan os recortes,

12 …e crean os bechos que teñen na cabeza.
encaixan as pezas, …e crean os bechos que teñen na cabeza.

13 E asi van nacendo: pardapos, sardais e outros extranos, novos, animais

14 O pardapo, na imaxe, e o sardal son resultado da combinación dos mesmos animais, pero a muda do elemento dominante produce fondos cambios estructurais e de comportamento. O pardapo vive como ave e aliméntase de bechos que pilla pola noite e o sardal vive como sapo pero come gran.

15 Sardal buscando alimento.

16 Ratimpín. É un becho de bosque que pasa desapercibido polo esquivo e silencioso. Non é común pero tampouco moi raro. Aliméntase de froitos, grans e sementes.

17 Gasquio. Vive no máis mesto dos bosques onde se alimenta de canto atopa: froitos, sementes, bechos pequenos e ovos de paxaro. Descansa nun niño agochado no toro dunha árbore vella e hiberna durante uns tres meses.

18 Pato real. O macho luce un fermoso rabo que ergue para cortexar á femia.
A femia ten cores discretas para pasar desapercibida porque é a encargada de protexer e coidar ás crías. Nas imaxes un macho en repouso e unha parella durante o cortexo.

19 Pombras. Son animais comúns e perigosos, que en canto son molestados non dubidan en atacar ao seu adversario, sen arredarse diante do tamaño que teña. Combinan a axilidade do voo coa perigosidade do veleno que inxectan.

20 Galicán. Come case calquera cousa, se está cociñada, pero prefire a carne ás verduras. Pon ovos, poucos, din que moi saborosos aínda que case ninguén se atreve a collerllos porque defende o niño a dentadas. Os pitos ladran.

21 Quirican ou cagalo. Críase como animal de compañía do que existen varias razas e variedades de cor. Son un pouco molestos polas mañáns porque en canto aparece no ceo a primeira luz empezan a quiquiricar.

22 Coliña. Esta mestura de galiña e coello vive en grupos familiares en tobos e acobillos soterrados. É de actividade diurna pero ten un habilidade especial para non deixarse ver. Pon ovos e cacarexa.

23 Garcicán. Moi apreciado para o coidado do gando xa que ademais de facer labores de vixía tamén captura, para alimentarse, insectos dos prados e parásitos externos do gando.

24 Grato. Roedor con características e aptitudes felinas que aproveita para alimentarse de froitas silvestres e cultivadas. Non é moi abundante, se o fora sería unha seria amenaza para as plantacións de árbores froiteiras.

25 Covella. Coñecida mestura de ovella e coello, rilladora como coello e boa criadora de la, aínda que polo que se cría e polo sabor da sua carne.

26 Cervo florido ou cervifloro
Cervo florido ou cervifloro. Esta especie de cervo non perde os cornos senon que en chegando a primavera se lle cobren de flores.

27 Xabouro. Animal semisalvaxe que cando acada a idade adulta pódese volver agresivo e perigoso. Só se cría polo ben que sabe. Nas imaxes: arriba un exemplar da liña primitiva, e abaixo un exemplar de crianza actual.

28 Burro voador. Na imaxe un xuvenil facendo os primeiros ensaios
Burro voador. Na imaxe un xuvenil facendo os primeiros ensaios. O burro voador é o animal co que tentan os espabilados de burlar aos crédulos que foron os que, na súa credulidade, lle deron vida real.

29 Burricornio. Imitación barata do mítico unicornio pero que ten os mesmos poderes e propiedades sanadoras que o orixinal, ou sexa ningún.

30 Cantipés. O nome xenérico deriva de cantidade de patas, que varía habitualmente, aínda que non se aceptan como membros da especie os de menos de seis, na imaxe un oitipés. Só se crían como curiosidade porque non son nada áxiles (trábanselle as patas ao correr) e tampouco teñen un carácter moi agradable.

31 Recientemente creado aínda non ten un nome específico
Recientemente creado aínda non ten un nome específico. É o producto de diferentes cruces de aves e cans. Está deseñado, e é especialmente solicitado, como animal de garda e defensa porque ademáis do seu mal carácter e o seu fero aspecto non é nada doado desfacerse del porque a capacidade para voar permítelle perseguir aos atacantes, delincuentes e malfeitores máis alá das lindes do lugar ou da propiedade que defende.

32 Vacaplús. Aínda que semella a vaca soñada por calquera productor de leite, as vacas desta especie non son nada apreciadas porque aínda que producen como catro vacas tamén consumen como si o foran, e cando por calquera circunstancia, cousa que é habitual, teñen un problema a produción merma como a de catro vacas, ademáis só teñen unha cría cada vez e son moi malas criadoras.

33 Porcabús. Magnífico exemplar desta escasa raza porcina moi apreciada pola súa capacidade de cría. A femia da imaxe pode alimentar case medio cento de bacoriños.

34 Cababac. O nome é unha palabra que se le igual do dereito e do revés porque este becho non se sabe por onde empeza nin por onde acaba. Non ten interese algún porque non é nada productivo nin se pode utilizar para cousa ningunha, porque non camiña nin adianta nada. Come por dous e traballa por ningún.

35 Saprato. Pequeno roedor de vida nocturna e xenio endemoniado, ruidoso e pelexón. Nos sitios onde vive, xunqueiras e terreos baldíos, faise notar pola potencia dos seus chíos que utiliza tanto para rexeitar aos seus predadores como para amenazar aos seus iguais.

36 Troituriña. Naceu do infortunado encontronazo entre unha anduriña que se achegaba ao río a beber e unha troita que nese mesmo intre saltaba para pillar unha mosca.

37 Peixe galo. Especie de auga doce pouco coñecida non pola súa rareza, porque é máis que común, pero pouco visto e raras veces capturado por ser de actividade crepuscular e alimentarse de grans e sementes. A súa presenza faise notar porque cando canta, sobretodo á mañanciña, aínda que non se escoita, a auga burbullea no sitio no que se atopa.

38 Peixe porco. Con este nome coñécense diferentes especies de peixes de mar e de río que se caracterizan polo seu aspecto, porque poden emitir sons que semellan aos do porco, e polo sabor da súa carne, que adobada, pode pasar pola do animal que lle da nome a non ser pola sua consistencia un algo máis mol.

39 Peixe rato. E o resultado dun traballo de laboratorio
Peixe rato. E o resultado dun traballo de laboratorio. Críase como animal da compañía. Vive ben fóra da auga pero precisa remollarse a miúdo. O mellor é telo nun cacharro no que poida despregar toda a beleza das súas aletas e manterse coa cabeza fóra da auga.

40 Peixe martelo. Aliméntase, sobre todo, de caracois e bivalvos pero ten a boca tan pequena que non pode comer máis que cousas ben trituradas, para eso ten na cabeza esas protuberancias de aspecto, tamaño e consistencia dun martelo aceirado, coas que golpea e esmigalla calquera becho que se poña ao seu alcance.

41 Peixe sapo. Vive en ríos de corrente lenta e augas escuras
Peixe sapo. Vive en ríos de corrente lenta e augas escuras. Ten un sistema branquial interno, aínda que colle a maior parte do oxíxeno a través da pel, complementa as necesidades respiratorias saíndo á superficie a coller aire.

42 Cans do mar. Tamén coñecidos co nome de serecans, porque teñen rabo de peixe e cabeza, peito, e ás veces extremidades, de can. Son carnívoros, cazadores e carroñeiros. Viven en todos os mares da mitoloxía e nos actuais aínda que son tan escasos que se coñecen máis de oídas que na realidade.

43 Cabalo do mar. Animal de pequeno tamaño, pouco común e menos coñecido por ser de actividade nocturna. Vive en zonas fangosas de escasa profundidade. Non se pesca nin con anzol nin con nasa, porque é estrictamente vexetariano, e non cai nas redes porque case nunca se aparta da entrada do furado no que pasa a maior parte da súa vida, de aí a súa cor branca, un pouco máis gris pola parte de diante que é a única que adoita sacar do burato.

44 E como esto é cousa de nunca acabar
ao chegarmos a trinta decidimos parar.

45 agardan que tamén gocedes destes enrediños.
Luísa, Roxelio e máis os ratiños agardan que tamén gocedes destes enrediños. Abur! As imaxes a partir das que se fixeron as montaxes foron collidas da internet. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas Mon Daporta


Carregar ppt "Unha de bechos raros Mon Daporta."

Apresentações semelhantes


Anúncios Google