Carregar apresentação
A apresentação está carregando. Por favor, espere
PublicouAna Isabel Aranda Salinas Alterado mais de 6 anos atrás
1
Roque e Raimundo fixeron unha viaxe para coñecer bechos do mar
2
Como acordaran na última, despois da calor e de suar,
a viaxe, desta volta, vanna facer polo mar.
3
E para esta aventura tivéronse que preparar.
Andar por terra é unha cousa, pero, non sabían nada do mar!
4
Empezaron a practicar manexando unha gamela,
5
se se cansaban de bogar, coas ás facían de vela.
6
Logo en lanchas de motor
7
e en barcos por fora da ría,
8
…e por último embarcaron nun gran buque factoría.
Para poderen ir nel coñecer mares de lonxe e así ver o que hai alí e que bechos raros collen.
9
E de cantos viron, de cantos atoparon,
escolleron uns poucos para ensinárvolos.
10
Algúns dos máis grandes,
11
cordón de bota (Lineus longissimus)
cordón de bota (Lineus longissimus). Esta miñoca é o animal máis longo do mundo. Chega a medir máis de 50 m.
12
Rorcual azul (Balaenoptera musculus), máis coñecido como balea azul
Rorcual azul (Balaenoptera musculus), máis coñecido como balea azul. Mide entre 24 e 27 m de lonxitude e pesa entre 100 e 120 t. (hai rexistros de exemplares de máis de 30 m e máis de 190 t). Pode vivir ata 80 anos.
13
Cachalote (Phiseter macrocephalus)
Cachalote (Phiseter macrocephalus). Ramente acada os 20 m de lonxitude e os kg. Vive ata 70 anos.
14
Tiburón balea (Rhincodon typus). É o peixe máis grande do mundo
Tiburón balea (Rhincodon typus). É o peixe máis grande do mundo. Pode medir máis de 12 m de lonxitude e pesar preto de 20 toneladas. Vive uns 100 anos.
15
Peixe remo xigante, rei dos arenques (Regalecus glesne)
Peixe remo xigante, rei dos arenques (Regalecus glesne). Pode acadar os 17m de lonxitude e pesar ata 300 kg.
16
Manta raia ou manta xigante (Manta birostris)
Manta raia ou manta xigante (Manta birostris). É a máis grande das raias. Pode chegar a medir máis de 8 m e pesar arredor de 1400 kg.
17
Tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea)
Tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea). É a máis grande das tartarugas mariñas. Pode superar os 2 m de lonxitude e pesar máis de 700 kg.
18
cangrexo xigante xaponés (Macrocheira kaempferi)
cangrexo xigante xaponés (Macrocheira kaempferi). É o cangrexo máis grande. As súas patas chegan a medir máis de 1,5 metros de longo, o que lle permite acadar un diámetro de 4 m. Supera os 20 kg de peso e pénsase que vive máis de 100 anos.
19
Lura colosal (Mesonichoteuthis hamiltoni)
Lura colosal (Mesonichoteuthis hamiltoni). Vive preto da Antártida e pode medir ata 20 m.
20
Ameixa xigante, taclobo xigante (Tridacna gigas)
Ameixa xigante, taclobo xigante (Tridacna gigas). É o molusco bivalvo máis grande. Pode acadar unha lonxitude de 115 cm e un peso duns 300 kg.
21
Trompeta australiana (Syrins aruanus)
Trompeta australiana (Syrins aruanus). Pode medir ata 90 cm e pesar 18 kg. É a caracola máis grande que se coñece.
22
Xureleira xigante (Nemopilema nomurai)
Xureleira xigante (Nemopilema nomurai). Acada 2 m de diámetro e 200 kg de peso. Ten tentáculos venenosos.
23
algúns dos máis raros,
24
Porquiño do mar (Scotoplanes globosa)
Porquiño do mar (Scotoplanes globosa). É un equinodermo que vive nos mares fríos a uns m de profundidade. Pode medir ata uns 30 cm.
25
Glaucus atlanticus. É unha lesma do mar
Glaucus atlanticus. É unha lesma do mar. Vive aboiando por debaixo da superficie da auga. Mide de 4 a 5 cm. Aliméntase de augamares e almacena o veneno que teñen, nas puntas dos seus brazos.
26
Polbo dumbo (Grimpoteuthis sp). Vive entre os 1. 600 e os 2
Polbo dumbo (Grimpoteuthis sp). Vive entre os 1.600 e os 2.200 m de profundidade. Os máis grandes acadan os 20 cm.
27
Cangrexo ieti (Kiwa hirsuta)
Cangrexo ieti (Kiwa hirsuta). É un cangrexo de ata 15 cm, sen ollos, que vive a grandes fonduras, máis de m, descuberto no 2005.
28
Peixe rato (Chimaera monstrosa)
Peixe rato (Chimaera monstrosa). Un raro tiburón de 1 m ou máis de lonxitude e 2,5 kg de peso que vive en augas medio fondas. Pode vivir ata 30 anos.
29
Porco do mar (Oxynotus brunensis)
Porco do mar (Oxynotus brunensis). É un pequeno tiburón que vive entre os 100 e os 300 m de fondo. Mide ata 1,5 m.
30
Peixe roda (Mola mola). É o peixe óseo máis pesado do mundo, mide máis de 3 m de lonxitude e pode superar as 2 toneladas. As femias poñen ata 300 millóns de ovos.
31
Ciclopterus lumpus. Pode medir ata 60 cm
Ciclopterus lumpus. Pode medir ata 60 cm. Vive a profundidades de ata 300 m e achégase á costa para desovar. Cada femia pode poñer arredor de ovos.
32
Peixe sapo peludo. Coñécense unhas 30 especies
Peixe sapo peludo. Coñécense unhas 30 especies. Viven en augas pouco fondas dos mares cálidos. Teñen espiñas venenosas.
33
Peixe trípode (Bathypterois grallator)
Peixe trípode (Bathypterois grallator). Vive en augas profundas, e acada os 35 cm.
34
Dragón mariño foliado (Phycodurus eques)
Dragón mariño foliado (Phycodurus eques). É un cabaliño do mar do leste e o sur de Australia que chega a medir 45 cm de lonxitude.
35
Peixe morcego de nariz longo (Ogcocephalus nasutus)
Peixe morcego de nariz longo (Ogcocephalus nasutus). Mide entre 20 e 40 cm. Camiña polos fondos coa axuda das aletas.
36
Peixe pescador, peixe morcego (Antennarius commerson)
Peixe pescador, peixe morcego (Antennarius commerson). Peixe de fondo de mares cálidos. Pode medir ata 35 cm.
37
Peixe cofre cornudo (Lactoria cornuta)
Peixe cofre cornudo (Lactoria cornuta). Vive en arrecifes de mares cálidos. Pode medir ata 50 cm. Cando se estresa produce pola pel unha sustancia moi tóxica.
38
Draco, peixe de xeo antártico (Chionodraco hamatus)
Draco, peixe de xeo antártico (Chionodraco hamatus). Vive debaixo do xeo, preto da Antártida. Ten o sangue transparente. Pode acadar ata 35 cm.
39
Black Oreo Dory (Allocytus níger). Vive nas augas fondas, máis de 1
Black Oreo Dory (Allocytus níger). Vive nas augas fondas, máis de m, de Nova Celandia. Mide ata 40 cm e pode pesar ata 1 kg.
40
Lamprea (Petromyzon marinus)
Lamprea (Petromyzon marinus). Peixe primitivo sen mandíbulas que nace nos ríos, vive no mar, onde se alimenta do sangue dos peixes aos que parasita, e máis adiante volve aos ríos para desovar e despois morrer. Pode medir máis de 1 m e pesar entre 2 e 3 kg.
41
Gamba arlequín (Hymenocera elegans). Mide uns 5 m
Gamba arlequín (Hymenocera elegans). Mide uns 5 m. Adoita vivir por parellas. Aliméntase de estrelas de mar.
42
Estrela cesto xigante (Astrophitum muricatum). Vive no mar Caribe
Estrela cesto xigante (Astrophitum muricatum) . Vive no mar Caribe. Pode medir entre 30 me 45 cm de diámetro. De día permanece enleada e de noite desprega os seus numerosos raios para capturar pequenos animais que traen as correntes.
43
dos máis pezoñentos
44
Carabela portuguesa, fragata portuguesa, agua mala, botella azul (Physalia physalis). A vela pode medir ata 30 cm e os tentáculos máis de 10 m. O veneno que contén produce moita dor e pode causar a morte.
45
Véspora do mar (Chironex fleckeri). Vive nas costas de Australia
Véspora do mar (Chironex fleckeri). Vive nas costas de Australia. É un dos animais máis venenosos que se coñecen. Pode acadar 30 cm de diámetro con tentáculos de máis de1m de lonxitude
46
Polbo de aneis azúis (Hapalochlaena). Só mide entre 15 e20 cm
Polbo de aneis azúis (Hapalochlaena). Só mide entre 15 e20 cm. É un dos animais máis venenosos do mundo. Co veneno que contén pode matar máis de 20 persoas.
47
Xiba extravagante (Metasepia pfefferi)
Xiba extravagante (Metasepia pfefferi). Unha especie de xiba que só acada, como máximo, entre 6 e 8 cm; a súa carne é moi tóxica.
48
Serpe de mar común (Enhydrina schistosa)
Serpe de mar común (Enhydrina schistosa). Unha das 60 especies de serpes mariñas, a máis perigosade todas. O veneno que inxecta nunha mordedura é suficiente para matar 50 persoas. Mide ata 1,5 m
49
Cono xeográfico (Conus geographus). Mide ata 15 cm
Cono xeográfico (Conus geographus). Mide ata 15 cm. Esta caracola do mar e un dos animais máis pezoñentos que se coñecen. El, e moitos dos seus parentes, producen veneno que usan para paralizar ás súas presas. A toxina é tan potente que mata ás persoas. As cunchas, de fermosas cores, destes animais son buscadas polos coleccionistas
50
Peixe león ou peixe escorpión (Pterois volitans)
Peixe león ou peixe escorpión (Pterois volitans). Pode medir entre 30 e 40 cm. Vive en mares cálidos. Ten veneno nas espiñas da aletas.
51
Peixe pedra (Synanceia horrida). Vive en mares cálidos
Peixe pedra (Synanceia horrida). Vive en mares cálidos. Pode medir ata 60 cm. Nas espiñas das aletas ten un veneno tan potente como o dunha cobra.
52
Fugu ou peixe globo xaponés (Takifugu rubipres). Pode medir ata 80 cm
Fugu ou peixe globo xaponés (Takifugu rubipres). Pode medir ata 80 cm. Contén, en diferentes partes do corpo, toxinas suficientes para matar a 30 persoas, pero é un dos manxares máis apreciados da cociña xaponesa.
53
Nudibranquio. Os nudibranquios son moluscos mariños de fermosas cores e tamaños que están entre os 2 e os 15 cm. As especies que se alimentan de actinias, augamares e outros animais que producen veneno, almacénano no seu corpo como arma defensiva.
54
Chucho, embrudo (Myliobatis aquila)
Chucho, embrudo (Myliobatis aquila). Pode acadar os 180 cm de lonxitude total e 14 kg de peso.
55
Faneca brava (Trachinus vipera). Mide ata 20 cm e pode pesar ata 300gr
Faneca brava (Trachinus vipera). Mide ata 20 cm e pode pesar ata 300gr. Entérrase na area para capturar as súas presas e ao pisalo clávanse os aguillóns da aleta do lombo que teñen veneno.
56
dos pouco agraciados,
57
Peixe mancha (Psychrolutes marcidus)
Peixe mancha (Psychrolutes marcidus). Vive en augas fondas das costas de Australia. Mide entre 30 e 40 cm
58
Peixe lobo (Anarhichas lupus). Vive en mares fríos do norte
Peixe lobo (Anarhichas lupus). Vive en mares fríos do norte. Pode medir ata 1 m.
59
Peixe rato de nariz longo (Rhinochimaera). Pode medir ata 1,5 m
Peixe rato de nariz longo (Rhinochimaera). Pode medir ata 1,5 m. Vive en augas fondas dos mares cálidos.
60
Tiburón anguía (Chlamydoselachus anguineus) vive en augas de media fondura das costas do Xapón. Pode medir ata 4 m. Considérase un fosil vivinte.
61
Rape común ou rape blanco (Lophius piscatorius)
Rape común ou rape blanco (Lophius piscatorius). É un peixe de fondo que pode medir máis de 1 m de lonxitude, pesar ata 40 kg e vivir máis de 20 anos.
62
Miraceo, peixe rato ou peixe sapo (Uranoscopus scaber) mide ata 40 cm e acada case 1 kg de peso.
63
Malarmado (Peristedion cataphractum)
Malarmado (Peristedion cataphractum).Vive entre os 50 e os 500 m de fondura e pode medir ata 40 cm.
64
e outros curiosos, que tamén retrataron
65
Ortiga ou ortuga (Torpedo marmorata). Pode medir ata 60 cm
Ortiga ou ortuga (Torpedo marmorata). Pode medir ata 60 cm. Produce descargas eléctricas de máis de 100 voltios.
66
Peixe morcego de beizos vermellos (Ogcocephalus perractus)
67
Peixe piña (Cleidopus gloriamaris). Vive no sur e oeste de Australia
Peixe piña (Cleidopus gloriamaris). Vive no sur e oeste de Australia. Mide uns 20 cm.
68
Zanclus cornutus. Peixe de arrecife que pode medir ata 30 cm.
69
Peixe bolboreta. Hainos de moitas formas diferentes e cores variadas
Peixe bolboreta. Hainos de moitas formas diferentes e cores variadas. Poden medir entre 10 e 40 cm, según a especie.
70
Peixes bolboreta
71
Peixes porco ou peixes ballesta
Peixes porco ou peixes ballesta. Coñécense unhas 40 especies que viven nos mares temperados e cálidos. Según a especie, poden medir entre 20 e 90 cm.
72
Peixe mandarín (Synchiropus splendidus). Mide ata 6 cm de lonxitude
Peixe mandarín (Synchiropus splendidus). Mide ata 6 cm de lonxitude. Vive entre 10 e 15 anos.
73
fin E con estas cousiñas rematou a aventura.
A próxima, aos Polos, a ver se vos gusta. fin As imaxes foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA
Apresentações semelhantes
© 2025 SlidePlayer.com.br Inc.
All rights reserved.