A apresentação está carregando. Por favor, espere

A apresentação está carregando. Por favor, espere

Sobreira corticeira (Quercus suber) alcornoque cork oak chêne liège

Apresentações semelhantes


Apresentação em tema: "Sobreira corticeira (Quercus suber) alcornoque cork oak chêne liège"— Transcrição da apresentação:

1 Sobreira corticeira (Quercus suber) alcornoque cork oak chêne liège
sobreiro

2 CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Fagáceas

3 É unha árbore de orixe sur-europea e norteafricana.
Pode acadar os 25 m de altura, coa copa máis ou menos esférica ou irregular.

4 O toro é curto e groso, coa tona (cortiza) grosa, esponxosa, moi enrugada e fendida.
As árbores presentan aspecto distinto se manteñen a tona orixinal (cor gris, moi gretada) ou se lles foi retirada (de vermello a castaño escuro e con menos fendas).

5 FOLLAS persistentes, simples, ovais, de 3 a 7 cm de lonxitude por 2 a 3 cm de ancho, ríxidas, coa beira enteira ou lixeiramente ondeada con pequenas espiñas, lisas e de cor verde escura polo dereito e máis craras e peludas polo envés.

6 Amentos de flores masculinas FLORES Son unisexuais. As masculinas son amentos colgantes de cor verde-amarela. As femininas son pequenas e forman grupos reducidos. Florece de maio a xuño. Polinízase polo vento.

7 FROITOS Landras de 3 cm de lonxitude, cubertas na súa metade por unha cúpula escamosa. Madura de setembro a xaneiro.

8 CICLO ANUAL-SOBREIRA Folla Flor Froito xaneiro febreiro marzo abril
maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

9 En Galicia atópase nas zonas de clima mediterráneo, en Ourense (vales do Miño e Sil), no Ulla e nas Rías Baixas, en pés illados no medio doutras árbores ou formando pequenas manchas boscosas (sobreirais) xunto con carballos, rebolos, escornacabras, érbedos, loureiros…

10 Sobreiral do Arnego, protexido como LIC, o único bosque de sobreiras que se conserva en Galicia no que se explota a cortiza.

11 Sobreiral de Froxán (O Courel).

12 Sobreira de Santiorxo, San Cosme de Liñares (Pobra de Brollón-Lugo)
Sobreira de Santiorxo, San Cosme de Liñares (Pobra de Brollón-Lugo). Ten perto de 500 anos, 16 m de altura, e un diámetro considerable debido as nórregas que rodean o toro. Sobreira de Balboa. (A Estrada-Pontevedra). É a máis antiga de Galicia, con arredor de 500 anos. Mide 20 m de altura e case 9 m de perímetro.

13 Sobreiral de San Lourenzo, en Lousame.

14 Sobreira da Pastora. (Cambados-Pontevedra)
Sobreira da Pastora. (Cambados-Pontevedra). Ten arredor de 300 anos e uns 12 m de altura.

15 USOS: A cortiza da sobreira, polo seu grosor e elasticidade explótase comercialmente Ultilízase para rollas de botellas, láminas illantes e revestimentos de paredes e pisos. Noutros tempos utilizouse para facer trobos para as colmeas e boias para os aparellos de pesca. A colleita de cortiza faise cada 7 anos. A cortiza utilízase tamén como astrinxente. A madeira úsase para leña e para facer carbón.

16 Boureis MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet


Carregar ppt "Sobreira corticeira (Quercus suber) alcornoque cork oak chêne liège"

Apresentações semelhantes


Anúncios Google