Vangardas Actividades.

Apresentações semelhantes


Apresentação em tema: "Vangardas Actividades."— Transcrição da apresentação:

1 Vangardas Actividades

2 VANGARDA: 1. Parte do exército máis avanzada, a que está fronte ao inimigo . 2. Conxunto de persoas, ideas,… máis avanzadas en calquera sentido.

3 Táboa cronolóxica

4 Aparecen a comezos do século XX en Europa.
Fórmano un grupo de artistas novos que rexeitan a tradición cultural por ser caduca e non ser quen de plasmar a nova realidade. Buscan novos camiños artísticos, ás veces rompendo con todo o anterior.

5 As señoritas de Avignon, Pablo Picasso

6 Primeira comuñón, Pablo Picasso

7 As tres grazas, Rubens

8 Sea of flames, Magritte

9 Komposition VIII. Kandinski (1923)

10 The treason of pictures. Magritte

11 Fonte (1917) de Duchamp. Claro exemplo do carácter provocador da arte moderna.

12 Trazos comúns a todos os movementos vangardistas
Desexo de modernidade. Visión da arte como experiencia autónoma. Oposición ao romanticismo e sentimentalismo. Supresión de barreiras entre os distintos xéneros.

13 Crean novas técnicas Libre asociación de imaxes. Colaxes e caligramas.
Supresión dos signos de puntuación. Nova función das imaxes e das metáforas.

14 Caligrama. Sabor.

15 Caligrama en espiral

16 O sapo. Caligrama

17 Caligrama “A mar de raro”.

18 “O puñal”

19 Termos clave ISMO: corrente vangardista. Por exemplo: futurismo, surrealismo, cubismo…. O nome vén dado pola terminación das distintas correntes. En Galicia temos o manifesto Máis alá”, feito por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. MANIFESTO: texto de carácter provocador que cada ismo elaboraba para dar a coñecer os principios fundamentais nos que se basea o movemento.

20 Manifesto ultraísta Nós os ultraístas -nesta época de mercachifles que exhiben corazóns disecados e plasman o rostro en entroidos de carantoñas- queremos desanquilosar a arte. Lícito e envexable como calquera outro pracer é o que motivan as palabras eficazmente trabadas, mais cómpre convir no absurdo de honrar os que o venden, traficando con fracas insulseces e trampas antiquísimas. A nosa arte require [...] descubrirlle facetas insospeitadas ao mundo. Sintetizamos a poesía no seu elemento primordial: a metáfora, á que lle concedemos unha máxima independencia, alén dos xoguiños daqueles que comparan entre si cousas de forma semellante, equiparando un circo á lúa. Cada verso dos nosos poemas posúe unha vida individual e representa unha visión inédita. O Ultraísmo propende deste xeito á formación dunha mitoloxía emocional e variable. Os seus versos que exclúen o exceso de palabras baleiras de contido e as vitorias baratas conseguidas mediante o malgasto de palabras exóticas, teñen a contextura decisiva dos marconigramas. Retrouso ...Lanzamos PRISMA para democratizar esas normas. Adornamos de poemas as rúas, iluminamos con lámpadas verbais o noso camiño, cinguimos os vosos muros con rubideiras de versos: Que eles izados coma berros, vivan a momentánea eternidade de todas as cousas, e sexa comparable a súa beleza dadivosa, e transitoria, á dun xardín vislumbrado á música desparramada por unha aberta xanela e que colma toda a paisaxe.

21 As vangardas en Galicia
Non se desenvolveron plenamente dadas as limitacións sociais nas que se desenvolvía a nosa cultura. As mostras máis significativas son o manifesto Máis alá! e a proliferación de revistas literarias: Alfar, Ronsel, Papel de color, Cristal, Resol e Yunque. Aparecen os seguintes movementos vangardistas: imaxinismo, neotrobadorismo e vangardismo.

22 IMAXINISMO Tamén chamado hilozoísmo (e animismo) porque aparece a personificación da paisaxe. Principal representante: Luís Amado Carballo (Proel, O galo e a novela Os pobres de Deus). Aparece a paisaxe humanizada e as imaxes sensoriais. A métrica é tradicional.

23 NEOTROBADORISMO Recupera as estruturas formais das cantigas medievais (paralelismo, refrán). Tamén recupera os tremas medievais pero desde unha sensibilidade contemporánea. É consecuencia do impacto que causou o coñecementos das cantigas medievais galego-portuguesas. Os principais representantes deste ismo foron: Fermín Bouza Brey (Nao senlleira) e Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira).

24 VANGARDISMO Representado por poetas que asumiron as propostas dalgún movemento vangardista. Álvaro Cunqueiro: Mar ao norde fai unha poesía cubista polo carácter abstracto. Poemas do si e non fai poemas surrealistas (expresión do subconsciente e emprego da imaxe onírica). Luís Acuña: Fírgoas. Manuel Antonio: autor creacionista (o poema é unha realidade autónoma)

25 MANUEL ANTONIO Máis alá!
Manifesto feito xunto con Álvaro Cebreiro. É principal texto teórico da vangarda galega. Nel amosan: Paixón revolucionaria Loanza do individualismo Crítica do ruralismo e dos conceptos estéticos caducos. De catro a catro Subtitulado: “Follas sen data dun diario de abordo” Composto durante unha das súas navegacións Contén 19 poemas vistos desde a perspectiva do mar. É o diario poético dunha viaxe física polo mar pero tamén dunha viaxe interior, marcada pola soidade e a ausencia. Linguaxe experimental e renovadora, influída polo creacionismo.

26 Dos arquivos do trasno:
RAFAEL DIESTE A súa obra está afastada do realismo costumista da época, resultando anovadora. Dos arquivos do trasno: Son contos modernos nos que mestura realidade e fantasía Os personaxes exemplifican moi ben o modo de ser da poboación galega. A fiestra valdeira Peza teatral orixinal e innovadora cunha riqueza formal e temática descoñecida ata entón. Comedia simbólica centrada na identidade cultural.

27 A vixencia das vangardas hoxe en día
O colectivo poético Ronseltz desenvolveu a súa actividade a comezos da década dos 90 en Galicia. Idolatrados, reivindicados coma os rebeldes da nosa poesía. Caracterizáronse pola ironía e a desacralización dos clásicos. Foi un xeito de baixar a poesía dos altares. Publicaron tres revistas con manifestos, realizaron uns 57 recitais e publicaron un volume colectivo: Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994). Neotrobadorismo Os espárragos son diuréticos Uxío E ti es o amor da miña vida ímosche facer a parcelaria E ti es o amor da miña vida e vaste cagar en Dios. Ondas do mar de Vigo Todo na miña terra é paisaxe se vistes meu amigo: menos traxe, paxe e garaxe. que marchei.

28 Caligrama de Ronseltz representando o tráfico de droga na ría.

29 Responde a estas preguntas
Cal foi a razón de que en Galicia non houbese vangardas que proclamasen a ruptura coa cultura anterior? Que movementos actuais serían hoxe os equivalentes das vangardas nos anos 20? Por que se considera a Manuel Antonio como o escritor máis anovador da xeración do 22?

30 Canción do temporal Amado Carballo (Proel)
Os berros dos mazaricos rachan as sedas do mar, no carro das mouras nubes vén do sur o temporal. Nas barras e nos peiraos rompen as foulas cristadas de lóstregos azulados das estrelas afogadas. Púxose o ceo de loito polos que van afogar. As centellas como trallas baten no lombo do mar.

31 Aldea Manuel Luís Acuña (Fírgoas)
No agro encorou o tempo e só camiñan as nubes. Aldea sono. Aldea esquezo. No agro dormen as luces. Noite no corpo e na alma. Na alma e no corpo sures. Fame. Frío. Fume. No agro non comen beben chocolate nin azucre.

32 “Excelsior” Foulas Manuel Antonio

33 A dama que ía Álvaro Cunqueiro (Poemas do si e non)
A dama que ía no branco cabalo levaba un pano de seda bordado. Na verde flor as letras van de amor! O cabaleiro do cabalo negro levaba una fita colléndolle o pelo. No medio do río cambiaron as vistas, el para o peno e ela pra fita. As vistas lle viron no río cambiar e o pano e a fita por se namorar.

34 Enterro Luís Amado Carballo (Proel)
Rosario de salayos na lama do camiño a pur do morto arrastro. Os sinos sachaban no camposanto terra mollada. No frío silenzo caiu a pedrada do cadaleito. Bicaron ao morto os beizos mollados do ceo d’outono. Ficaron as bágoas e as despedidas tamén enterradas.

35 Actividades sobre o poema “Enterro” de Amado Carballo
Cales son os elementos que elixe o poeta para describir o enterro? Indica as palabras que se asocian aos campos semánticos da morte e da chuvia. O poema está cheo de referencias sensoriais que nos remiten ao que podemos percibir a través dos diferentes sentidos. Asocia a cada sentido as referencias que teñan que ver con el. Neste poema aparecen moitas das constantes formais que caracterizan a obra poética do autor: poema breve, división en estrofas, versos de arte menor, rima asonante… Identifica e describe estas constantes no poema. Outra característica de Amado Carballo é o emprego da personificación ou prosopopea. Identifica as que aparezan neste poema, indicando cal é o elemento humanizado e a característica que se lle atribúe.

36 O cartafol do vento Manuel Antonio (De catro a catro)
O vento perdeu as follas do seu cartafol -esas que os chuvascos mecanógrafos teclean no manual dos mastros? As gavotas non teñen quitasol pero fan raudos equilibrios polo aramio transparente de tódalas ortodrómicas do ceo O pailebote sen velas -Serán esas que o vento levou no seu cartafol? tamén fai equilibrios no ronsel Coa boca aberta -caille a baba- está mirándonos o babión do Sol. O cartafol do vento Manuel Antonio (De catro a catro)

37 Actividades sobre o poema “O cartafol do vento” de Manuel Antonio
1. Une cada unha destas palabras do poema co seu significado: CARTAFOL Escuma deixada polo barco ao avanzar MASTRO Torpe, parvo PAILEBOTE Liña que sinala a distancia máis curta entre dous puntos RONSEL Poste vertical que sustenta as velas dun barco ORTODRÓMICA Embarcación a vela, de dous mastros BABIÓN Caderno para facer notas ou apuntamentos 2. Neste poema preséntasenos unha escena formada por unha xustaposición de imaxes que se apoian en elementos reais. Sinalade cales son eses referentes reais. 3. Sinala os termos que pertencen ao campo semántico do mar.

38 4. O Vento –ou a súa ausencia- é o protagonista do poema, de feito aparece en maiúscula para indicar o seu carácter simbólico. Explica o papel protagonista do Vento. 5. Sinala os trazos formais deste poema, facendo fincapé nos vangardistas. 6. Os chuvascos mecanógrafos Teclean no manual dos mastros Estes versos forman unha imaxe que nos amosa as pingas da chuvia que, ao golpear contra o barco, fan un ruído semellante ao das teclas dunha máquina de escribir. Busca as outras imaxes do poema e explica o seu sentido.


Carregar ppt "Vangardas Actividades."

Apresentações semelhantes


Anúncios Google