A apresentação está carregando. Por favor, espere

A apresentação está carregando. Por favor, espere

O porco.

Apresentações semelhantes


Apresentação em tema: "O porco."— Transcrição da apresentação:

1 o porco

2 Foi domesticado hai uns 8.000 anos en Oriente.
No Antigo Exipto o porco macho estaba asociado ao dios Seth ,señor das tebras, a femia pola contra era portadora de boa sorte.

3 O porco (Sus scrofa domestica)
O porco (Sus scrofa domestica). Mide entre 0,9 e 1,8 m e pode pesar entre 50 e 350 kgs . Os porcos críanse para producir carne porque medran e engordan moi rápido. Existen numerosas razas e variedades en todos oa países nos que se cría. En libertade viven en grupos familiares

4 Os machos son máis grandes e pesados que as femias, en algunhas razas os machos case doblan en tamaño e peso ás femias.

5 O porco é un animal omnívoro, come de todo, vexetais, restos… e pensos compostos.

6 O porco ten visión panorámica de máis de 300 graos e binocular de 35 a 50 graos.
O receptor sensorial mellor desenvolvido é o olfacto que usa para recoñecer e localizar o alimento e aos membros do seu grupo. Guíase e recoñece mellor polo olfacto que pola vista. Ten bo oído e localiza a dirección dos sons movendo a cabeza. A pel é moi sensible

7 Camiña apoiándose nas puntas dos dedos medios das patas que están protexidos por pezuños. A pesar de ter as patas relativamente curtas, cando corre, acada unha velocidade de máis de 20 km/h

8 Para comunicárense entre eles emiten sons de tonos diferentes e de distinta intensidade.

9 Os porcos embórcanse na lama para refrescárense, porque non súan e non poden regular a temperatura, para protexeren a pel do sol, que lle pode producir queimaduras, e para eliminar os parásitos.

10 Os porcos en libertade reúnense en pequenos grupos

11 Para establecern as xerarquías dentro dos grupos pelexan entre eles empurrándose polos costados e mordéndose nas patas e nas orellas.

12 Os porquiños ao nacer pesan arredor de 1 kg.
Teñen un período de xestación duns 115 días, e poden ter camadas moi numerosas de 8 a 16 crías, media de 10 a 12, dependendo da raza e da idade da nai. A camada máis grande que se coñece foi de 37 bacoriños. Naceron vivos 36 e sobreviviron 33. Os porquiños ao nacer pesan arredor de 1 kg. Porquiños recén nacidos.

13 As nais son grandes e pesadas e as crías moitas por eso, ás veces, os primeiros días, ao deitárense para darlles de mamar, poden esmagar a algunha cría. Para evitalo, nas granxas, instalan os separadores.

14 Os porquiños nacen bastante desenvolvidos e aos poucos días de naceren xa son quen de seguir á nai a onde vaia.

15 Cada bacoriño colle sempre a mesma teta e, se é necesario, pelexa cos demais para defendela

16 Os bacoriños maman ata os dous meses, pero destétanse antes
Os bacoriños maman ata os dous meses, pero destétanse antes. Aos 2 meses cada porquiño pesa arredor de 5 kg.

17 En libertade, os porcos da mesma camada seguen estando xuntos despois de destetados ata que acadan a madurez.

18 En libertade os porcos chegan a vivir de 10 a 15 anos.
O porco máis vello do mundo é o porco vietnamita da imaxe que xa cumpleu 20 anos. Vive nos EE.UU.

19 Na actualidade, aínda que se mantén a cria tradicional, a maior parte dos porcos críanse en granxas donde razas seleccionadas permanecen estabuladas en espacios pechados para obter delas o máximo rendemento. Un porco engorda 1 kg por cada 3,5 kg de alimento que consume.

20 Nas granxas os animais están agrupados por idades e son alimentados de distinta maneira según o tempo que teñan. As porcas nais están separadas en espazos reducidos individuais e os machos reproductores tamén para evitar que se pelexen. Espazos de crecemento Currais de engorde Celas de femias de cría

21 Os porcos críanse para aproveitarlle a carne, fresca, elaborada e conservada de distintas maneiras e a graxa; pero do porco tamén se aproveita a pel, para facer maletas, calzado…, e os pelos, para facer cepillos.

22 Canais e pezas de carne fresca.

23 Carne e outros elaborados

24 Carne salgada e curada

25 Obxectos de pel de porco

26 Cepillos, brochas e pinceis de pelo de porco

27 Porcos buscadores de trufas
Porcos buscadores de trufas. Aproveitando a agudeza olfactiva dos porcos, nalgunhas zonas adéstranse para buscar trufas un fungo moi apreciado que vive soterrado. Nos últimos tempos os porcos están a ser sustituídos por cans que son igual de eficaces pero moito máis rápidos e fáciles de levar. Trufa (Tuber melanosporum). Coñecida como trufa negra é a máis apreciada en España e Francia. Ten un aroma intenso e picante e un sabor agradable. A máis apreciada e a de maior precio no mercado, entre e € o kg, é a Tuber magnatum coñecida como trufa blanca de Italia.

28 o porco celta Porco celta. Raza autóctona galega que estaba case desaparecida pero que se está a recuperar. Ten a cabeza grande, ancha e alongada coas orellas grandes e caídas enriba dos ollos, o pescozo longo e o lombo estreito e arqueado, cos osos e os músculos ben desenvolvidos. É un animal rústico e ben adaptado ao medio que produce carne de boa calidade tanto para o consumo en fresco como para a preparación de productos elaborados. Críase en rexime extensivo ou semiextensivo alimentándose dos recursos do medio en cada estación. Mide entre 80 e 105 cm de longo e pode acadar un peso entre de ata 150 kg. As camadas non son moi numerosas e as crías pesan ao nacer arredor de 1,5 kg.

29

30

31 Unha noticia de agosto de 2007
Unha noticia de agosto de Bush, o porco de raza celta máis grande que se coñece. Ten catro anos, pesa máis de 400 kilos e mide 1,12 metros de alto e 2,45 de longo. Vive nunha granxa de Muxía.

32 outros porcos

33 Xabarín, xabaril ou porco bravo (Sus scrofa)
Xabarín, xabaril ou porco bravo (Sus scrofa). É o antecesor dos porcos domésticos europeos. Os machos poden medir ata 1,5 m de longo pero as femias non pasan do metro. O peso tamén é máis grande nos machos ata 150 kg e as femias non chegan aos 100. No leste de Europa acadan maiores dimensións e peso. Vive por toda Europa en terreos cubertos ede monte baixo e matogueiras. Aliméntase de canto atopa e pode producir danos graves nos cultivos.

34 Porco ibérico. Raza autóctona do suroeste de España e sur de Portugal, de cor escura, lombo recto,cara estreita e orellas caídas para adiante. Pode acadar os 150 kg. Non é moi prolífico. Ten unha media de 5 a 7 crías por camada que pesan entre 1 kg e 1,4 kg ao nacer. Críase en rexime extensivo nas “dehesas” onde se alimenta fundamentalmente de landras de aciñeira.

35 Porco Mangalica. Autóctono de Hungría
Porco Mangalica. Autóctono de Hungría. Estivo a piques de extinguirse pero neste momento estase a recuperar. O máis característico deste animal é a capa de pelo claro,mesto e rizado que lle cubre o corpo de pel escura. Pode acadar de 180 a 200 kg. Como todas as razas primitivas non é moi prolífico

36 Porco enano vietnamita. Pode vivir entre doce e vinte anos
Porco enano vietnamita. Pode vivir entre doce e vinte anos. Pesa entre 45 a 55 Kg. Nos últimos anos do século XX púxose de moda como animal de compañía.

37 Red Wattle. É unha raza dos Estados Unidos
Red Wattle. É unha raza dos Estados Unidos . pasan de 1 m de altura e dos 2 m de longo. Pesan de 300 a 600 kg. Normalmente teñen de 8 a 10 crías por camada.

38 Porco Meishan. É unha raza orixinaria do sur de China coñecida polas súas grandes camadas de 15 e 16 bacoriños, aínda que o que máis chama a atención e a súa cara enrugada e as longas orellas.

39 Porco xigante. Foi o porco máis grande do mundo
Porco xigante. Foi o porco máis grande do mundo. Con 5 anos chegou a pesar 900 kg. Medía 2,5 metros de longo, tiña unha cintura de 2,23 metros e uns colmillos de 14,4 centímetros.

40 O porco Antón. No Porto de Espasante, Concello de Ortigueira, manténse viva a tradición do Porco de San Antón. Un porco mercado, con 2-3 meses, pola comisión da festa do santo, anda solto pola localidade e é alimentado polos veciños ata que se rifa, o día 6 de Xaneiro. As ganancias da rifa contribúen a pagar a festa do San Antón. Desde o ano 2008 o porco Antón ten unha réplica en bronce na plaza de Espasante

41

42 fin As imaxes foron collidas da internet.
Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta 2013 COUSIÑAS FEITAS NA CASA


Carregar ppt "O porco."

Apresentações semelhantes


Anúncios Google